
A IMAXE DAS SOLDADEIRAS NA LÍRICA MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUESA
Author(s) -
Lucía Sande Siaba
Publication year - 2021
Publication title -
estudos linguísticos e literários
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2176-4794
pISSN - 0102-5465
DOI - 10.9771/ell.i71.48254
Subject(s) - humanities , art
Este traballo céntrase na representación das soldadeiras nas cantigas de escarnio e maldizer da lírica medieval galego-portuguesa e ten como obxectivo reunir todas as características tanto físicas como psicolóxicas que son atribuídas a elas nas 43 cantigas nas que, segundo Graça Videira Lopes, aparecen mencionadas estas mulleres. Para isto, utilizarase o corpus de textos dispoñíbel na Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, así como as antoloxías de Graça Videira Lopes e de Xosé Bieito Arias Freixedo, ademais doutros materiais aos que se irá facendo referencia ao longo do traballo. Con isto, preténdese ofrecer unha imaxe panorámica da representación das soldadeiras nas cantigas satíricas.