z-logo
open-access-imgOpen Access
O libro da filla ou a promesa da (in)felicidade segundo Inma López Silva
Author(s) -
Katarzyna Moszczyńska-Dürst
Publication year - 2022
Publication title -
madrygal
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 1886-7782
pISSN - 1138-9664
DOI - 10.5209/madr.80238
Subject(s) - humanities , art , philosophy
O obxectivo deste artigo consiste en analizar a representación da (in)felicidade performativa, cos seus mandatos, promesas, tabús e fracasos, tal como quedou codificada en O libro da filla (2020), a última novela ata a data da escritora galega Inma López Silva. Partindo da teoría crítica das emocións elaborada por Sara Ahmed en La promesa de la felicidad (2019), veremos como os personaxes do texto analizado asocian a felicidade con determinados roles sociais, lugares, rituais ou estilos de vida, ou, incluso con determinadas maneiras de ver e vivir o mundo. Estes “obxectos felices” sonlles impostos pola lóxica cultural dominante como garantes da “boa vida” e “guións” de conduta normativa. Do mesmo xeito, comprobaremos de que maneira e baixo que condicións sociais o fomento da feliz normatividade oculta os “mecanismos psíquicos do poder” e provoca o xurdimento da melancolía. Por último, a análise de O libro da filla revelará o potencial político que radica nos arquivos da infelicidade e na escritura.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here