z-logo
open-access-imgOpen Access
Descrición do burro na sociedade galega: expresións figuradas galegas que retratan este animal
Author(s) -
Andrea González Pereira
Publication year - 2022
Publication title -
madrygal
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 1886-7782
pISSN - 1138-9664
DOI - 10.5209/madr.80236
Subject(s) - philosophy , humanities
O presente estudo, que forma parte dunha investigación fraseolóxica máis ampla, é unha análise de 72 expresións figuradas galegas construídas co referente animal de burro. Partimos da idea de que o ser humano conceptualiza certas situacións da súa vida cotiá, que lle resultan frecuentemente abstractas, a través da linguaxe figurada. Os referentes do mundo animal ocupan un lugar importante na creación de expresións figuradas, nas que o ser humano adoita verse animalizado para, dese xeito, comprender mellor determinadas realidades. A través da análise destas expresións, extraídas tanto de obras lexicográficas xerais e especializadas galegas coma da lingua oral, pretendemos coñecer a valoración que os galegos fan do burro, centrada en tres ámbitos temáticos: a caracterización do animal (tanto física coma moral), as relacións deste con outros animais e co ser humano e a valoración histórica do mesmo na sociedade galega. De xeito xeral, as valoracións de tipo negativo ocupan un lugar importante na caracterización do burro, mentres que as valoracións positivas e neutras teñen unha porcentaxe de aparición menor.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here