z-logo
open-access-imgOpen Access
Arqueoloxía e procesos memoriais da guerrilla antifranquista nos montes de Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense)
Author(s) -
Carlos Tejerizo García,
Alejandro Rodríguez Gutiérrez,
Olalla Álvarez Cobian
Publication year - 2020
Publication title -
madrygal
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 1886-7782
pISSN - 1138-9664
DOI - 10.5209/madr.73624
Subject(s) - humanities , art , cartography , geography
Os montes de Casaio, no noreste da provincia de Ourense, convertéronse nos anos 40 e 50 do pasado século nun dos centros fundamentais de articulación da guerrilla antifranquista. Desde o ano 2016 levamos a cabo un proxecto de análise histórica e arqueolóxica da coñecida como Cidade da Selva, un conxunto de campamentos que a guerrilla instalou nestes montes e un punto nodal da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Paralelamente, desenvolveuse un proxecto antropolóxico co obxectivo de analizar os procesos de construción da memoria nas comunidades locais da zona en relación á violencia, represión e resistencia do fenómeno guerrilleiro. Neste traballo presentamos os primeiros resultados e reflexións deste proxecto. Preséntanse varios exemplos de procesos memoriais cuxa ligazón común é a vinculación entre memoria e materialidade. Ademais, desde esta proposta, confrontarase o concepto de memoria que se desenvolveu académica e socialmente desde a coñecida como Lei da Memoria Histórica.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here