z-logo
open-access-imgOpen Access
“Agora abriuse algunha porta e sae toda para fóra”: a mímese da memoria na novela galega do século XXI
Author(s) -
Diego Rivadulla Costa
Publication year - 2020
Publication title -
madrygal
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 1886-7782
pISSN - 1138-9664
DOI - 10.5209/madr.73622
Subject(s) - art , humanities
Nas últimas dúas décadas, as novelas galegas que tematizan o pasado recente da guerra civil e o franquismo téñense multiplicado e especializado, conformando o corpus da denominada “narrativa da memoria” un subxénero literario propio en Galiza. É a nosa hipótese que un dos principais cambios que amosan os textos publicados a partir do ano 2000 con respecto á produción memorialística anterior é que xa non só constitúen representacións máis ou menos realistas de acontecementos traumáticos relacionados coa resistencia ou a represión franquista, por exemplo, senón que os propios procesos de rememoración –individual e colectiva– daqueles acontecementos xorden como un asunto central na propia diéxese narrativa. No presente traballo ocuparémonos de analizar esta tendencia da representación literaria da memoria ou “mímese da memoria” a través dunha serie de novelas galegas recentes como Expediente Artieda de Luís Rei Núñez, O exiliado e a primavera de Manuel Veiga ou Home sen nome de Suso de Toro.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here