Open Access
O retorno e os conflitos da identidade
Author(s) -
María Jesús Piñeiro Domínguez
Publication year - 2020
Publication title -
madrygal
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 1886-7782
pISSN - 1138-9664
DOI - 10.5209/madr.73613
Subject(s) - humanities , art
A emigración da poboación galega na posguerra foi moi elevada, como elevado foi tamén o retorno das persoas emigradas, especialmente durante a transición. Para elas, non só foi difícil a marcha do país, senón tamén o regreso a un lugar en aparente democracia, mais aínda en conflito polas feridas non reparadas da contenda. A través da lectura de ensaios e novelas centrados no retorno, preténdese convidar á reflexión sobre as consecuencias do regreso ao lugar de orixe e analizar a súa repercusión nos ámbitos familiar, social e político, entre outros. Falamos de ruptura da identidade, de inadaptación crónica, de choque xeracional, de decepción, desengano ou desarraigo, situacións todas elas que evidencian os conflitos dunha identidade en permanente (de)construción.