z-logo
open-access-imgOpen Access
Entre o épico e o paródico: procesos de liberación nacional en La saga/fuga de J. B. de Gonzalo Torrente Ballester
Author(s) -
Pablo Pesado Rodríguez
Publication year - 2020
Publication title -
madrygal
Language(s) - Spanish
Resource type - Journals
eISSN - 1886-7782
pISSN - 1138-9664
DOI - 10.5209/madr.73612
Subject(s) - humanities , art
Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999) é, sen dúbida, un dos máis importantes novelistas da literatura española da segunda metade do pasado século. A conquista desa posición canónica a partir dos anos 70 está directamente relacionada coa boa recepción, tanto por parte da crítica como por parte do público, da que gozou a súa novela La saga/fuga de J. B., publicada en 1972. É tamén a partir dese momento que o autor se achegará á cultura galega e que comezará a participar dos seus debates intelectuais e políticos. Con este contributo pretendemos deitar luz sobre as estratexias que Torrente desenvolveu para conseguir ocupar posicións relevantes en dous sistemas –o galego e o español– sucados por un conflito nacional. Analizaremos con ese fin o papel que historia e historiadores xogan en La saga/fuga de J. B., prestando particular atención aos distintos procesos de liberación nacional que constitúen a súa trama. Intentaremos así dar unha nova lectura ao texto que o comprenda non só como un artefacto lúdico, senón tamén como un texto de compromiso político.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here