Na sombra da existencia. Wisława Szymborska en galego
Author(s) -
María Filipowicz-Rudek
Publication year - 2019
Publication title -
madrygal revista de estudios gallegos
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 1886-7782
pISSN - 1138-9664
DOI - 10.5209/madr.66857
Subject(s) - humanities , art
O artigo ofrece unha lectura profunda da escolma bilingüe da poesía da premio Nobel polaca Wisława Szymborska seleccionada e traducida ao galego por Lucía Caeiro (Positivas, 2011), que abarca diversos planos textuais e metatextuais do orixinal polaco e a súa versión galega. A escolma presentada constitúe o primeiro encontro serio entre as dúas literaturas, e ante todo tradicións poéticas, confrontando dúas sensibilidades lingüísticas, literarias e existenciais. Esta confrontación, no entanto, permite tirar interesantes conclusións sobre todo con respecto ao diálogo entre as dúas culturas tanto no nivel dos valores semánticos (referencias universais e locais) como no nivel da calidade da linguaxe poética (musicalidade, imaxes, concisión). Unha lectura profunda, contrastada ás veces con diferentes versións dos poemas de Szymborska noutras traducións permite formular a tese de que a versión galega da poeta polonesa crea unha nova calidade poética entre unha ampla serie de traducións de Szymborska ás linguas ibéricas.
Accelerating Research
Robert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom
Address
John Eccles HouseRobert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom