
tratamento do xénero poético en Ricardo Carballo Calero. Crítica literaria, canon e historiografía
Author(s) -
Alberte Valverde
Publication year - 2020
Publication title -
boletín da real academia galega/boletín da real academia galega
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2605-1680
pISSN - 1576-8767
DOI - 10.32766/brag.381.788
Subject(s) - humanities , art , philosophy
Nesta intervención, o obxectivo principal é a revisión da produción ensaística de Ricardo Carballo Calero centrada no xénero poético do século XX. Deste xeito, o eixe temporal que se vai abranguer transita dende os inicios na revista Nós até a presentación da súa magna obra Historia da literatura galega contemporánea, na edición definitiva de 1979. Asemade, cotexarase con diferentes calas representativas en textos do profesor e doutros axentes do campo. En concreto, este traballo pretende partir da produción deste autor para observar como se concibe e desenvolve a crítica no campo literario galego do século pasado.
Ao mesmo tempo, incidirase na proposta que realiza Carballo Calero dun canon poético para o século XX e mais a súa achega na construción dunha historiografía científica ligada ao nacionalismo literario incipiente. Desta maneira, acóutase unha obra que se considera determinante na hora de escoller uns habitus concretos na crítica e historiografía galega que se manteñen até os nosos días.