
Estudio da evolución da superficie agrícola na comarca da Terra Chá a partir de fotografía aérea histórica e mapas de usos, 1956-2004
Author(s) -
Eduardo Corbelle Rico,
Rafael Crecente Maseda
Publication year - 2018
Publication title -
recursos rurais
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2255-5994
pISSN - 1885-5547
DOI - 10.15304/rr.id5312
Subject(s) - humanities , political science , philosophy
O abandono da terra agrícola é un tema de plena actualidade en Galicia: existen traballos científicos que confirman a súa existencia, textos legais que falan da “continua perda de superficie agraria útil”, e evidencias visuais para calquera observador atento. Non obstante, o problema atópase pendente de ser cuantificado e ubicado territorialmente, en grande medida porque a insuficiente desagregación espacial dos datos estatísticos dispoñibles sobre coberturas ou usos do solo non permite capturar a súa grande complexidade. Neste traballo achégase unha aproximación cartográfica ó problema tomando como base a escala municipal, dentro dunha das comarcas máis dinámicas do sector agrario galego, e cunha perspectiva temporal a medio prazo. Os resultados confirman a diminución da superficie agrícola da comarca, pero destaca o feito de que esa diminución se concentrou exclusivamente nunha parte dos concellos que a integran, mentres que o resto se mantiveron nos niveis de 1956 ou incluso os incrementaron. Deste resultado conclúese a necesidade de territorializar as políticas concebidas para combatir o abandono e as súas consecuencias negativas, de modo que se actúe principalmente nas áreas máis afectadas.