
Recuperación e posta en produción de terras abandonadas: a visión do sector vacún leiteiro de Galicia como demandantes no mercado de terras
Author(s) -
Lidia Osorio Castelao,
Eduardo Corbelle Rico,
Francisco J. Onega López
Publication year - 1970
Publication title -
recursos rurais
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2255-5994
pISSN - 1885-5547
DOI - 10.15304/rr.id3318
Subject(s) - humanities , political science , philosophy
Este traballo busca caracterizar aos usuarios potenciais das terras que actualmente se atopan en situación de abandono ou infrautilización en Galicia. O sector vacún leiteiro constitúe o núcleo básico do sector agrario galego polo que coñecer a súa opinión como demandantes de terra é unha prioridade para poder establecer un plan de mobilidade de terras. A través da aplicación dunha variante da metodoloxía Delphi comprobouse que dende o sector existe un interese por conseguir máis terra e poder aumentar así a base territorial das explotacións e, en consecuencia, a súa capacidade produtiva. A falta de información tanto técnica como lexislativa relativa aos instrumentos que poden axudar ámobilización de terras e o seu funcionamento, quedou presente en moitos dos xuízos emitidos polo panel de expertos consultados para este traballo, polo que este constituiría o primeiro paso cara a consecución dunha mobilidade efectiva de terras.