Os fanzines e o posicionamento ideolóxico. Poden transmitir posicións ideolóxicas os fanzines?
Author(s) -
Ramón Mariño Paz
Publication year - 2020
Publication title -
rips revista de investigaciones políticas y sociológicas
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2255-5986
pISSN - 1577-239X
DOI - 10.15304/rips.19.1.6539
Subject(s) - humanities , philosophy
Resumo: As publicacións amateurs denominadas fanzines colleron forza a partir dos anos 70 do século XX para expresaren ideas e posicións de grupos considerados á marxe do común, do habitual e das grandes cadeas de consumo mediático. O seguinte artigo busca dar resposta á pregunta de se as persoas que crean, editan e distribúen fanzines o fan motivadas por unha postura ou posición ideolóxica. Para este artigo pártese da tese doutoral O fanzine e a ruptura do monopolio da mensaxe. Uso dos fanzines como medios informativos e de expresión en Galicia. 1990-2005, de Ramón Fernández Mariño (2015). A partir deste documento recóllense tanto a definición de fanzine como de ideoloxía, para buscar os elos que permitan ter unha resposta acaída academicamente á pregunta que se presenta neste artigo.
Accelerating Research
Robert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom
Address
John Eccles HouseRobert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom