
Mudanzas e continuidades na estrutura económica de Galicia tras a crise financeira. Unha análise a través de táboas input-output (TIO) dos anos 2008 e 2016
Author(s) -
Fernando de la Torre Cuevas
Publication year - 2020
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge.29.3.7126
Subject(s) - humanities , political science , art
O presente traballo investiga as mudanzas e as continuidades na estrutura económica de Galicia asociadas á crise iniciada no ano 2008 e ao posterior ciclo de recuperación. Abordaremos esta cuestión baixo o prisma da teoría crítica do desenvolvemento económico. Para iso, empregamos a información que nos proporcionan as táboas input-output dos anos 2008 e 2016, realizando un estudo comparativo delas. Comparamos, en primeiro lugar, os sectores claves que definen o núcleo da estrutura produtiva interior da economía galega. Seguidamente, estudamos as vantaxes e as desvantaxes comparativas da súa inserción exterior co resto de España, da Unión Europea e do mundo. Os resultados obtidos indican que a estrutura económica de Galicia non mudou, no fundamental, tras a crise económica. Este resultado empírico suxire que as causas do crecemento económico e da mellora no saldo da balanza comercial posteriores á crise deben ser buscadas noutro lugar.