
O CICLO DA DESIGUALDADE SALARIAL E O PAPEL DO MERCADO DA VIVENDA
Author(s) -
Laura Hospido
Publication year - 2018
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Spanish
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.159
H-Index - 6
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge.27.3.5434
Subject(s) - humanities , political science , philosophy
En moitos países, a destrución de emprego durante a última crise económica explicaseen boa maneira polo sucedido no mercado da vivenda. Nunha publicación recenteKaplan et al. (2017) describen como en economías avanzadas como a norteamericanadespois dun aumento prolongado, os prezos da vivenda derrubáronse desencadeandouna crise financeira e una caída abrupta da riqueza das familias que, xunto coasfriccións macroeconómicas, provocaron unha destrución de emprego moipronunciada.No caso de España o aumento e posterior diminución na demanda de traballadoresda construción tivo un gran impacto non só no emprego senón tamén na desigualdadesalarial (Bonhomme e Hospido, 2017). De feito, a evolución da desigualdade salarialnas últimas décadas foi fortemente contracíclica: incrementouse arredor da recesiónde 1993, logo experimentou unha diminución significativa durante a expansión de1997 a 2007, para volver a crecer con forza durante a máis recente crise. Comomostra a Figura 1, o aspecto máis destacado desta evolución non é que a magnitudedas variacións sexa tan elevada, senón que a evolución sexa en paralelo cosmovementos da taxa de desemprego.