z-logo
open-access-imgOpen Access
PATRÓNS DE DESPOBOAMENTO DO RURAL GALEGO: UNHA ANÁLISE POR COMARCAS
Author(s) -
Xosé Ramón García Martínez,
David Peón
Publication year - 2015
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.159
H-Index - 6
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge.24.1.2698
Subject(s) - humanities , geography , rural population , art , demography , population , sociology
Levamos a cabo unha análise estatística para contrastar e cuantificar algunhas das observacións clásicas na problemática demográfica de Galicia e a súa polaridade rural – urbana. Primeiro, íllase o efecto arrastre demográfico para identificar distintos patróns de despoboamento a nivel comarcal ao longo das últimas dúas décadas descontado o efecto migratorio histórico. Esta análise mostraría unha visión alternativa do proceso de despoboamento, caracterizada pola conformación dun anel central de dinámica demográfica positiva a partir das cidades galegas de interior. Segundo, profúndase na análise estatística da polaridade rural – urbana cunha medición do papel xogado por diversos parámetros de vertebración xeográfica da poboación galega. A este efecto, resultan determinantes a poboación da cabeceira de comarca –cunha perda de poboación do -0,83% anual nas comarcas con cabeceira inferior a 5.000 habitantes- e a distancia por estrada á máis próxima das sete cidades galegas –cun -0,27% adicional. Terceiro, descontado o efecto arrastre da emigración pasada e vertebración xeográfica do territorio, explícase a evolución das distintas comarcas en función da distribución sectorial do PIB, ao efecto de identificar os sectores económicos que máis axudaron no pasado recente a conter o devalo demográfico das comarcas rurais. 

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here