MICROFINANZAS, O FUTURO PASA POLA BANCA COMERCIAL
Author(s) -
José Manuel Sastre Centeno,
Elena Inglada Galiana
Publication year - 2015
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.159
H-Index - 6
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge.24.1.2682
Subject(s) - political science , humanities , philosophy
As microfinanzas, dende os seus inicios na segunda metade do século XX, percorreron un longo camiño para chegar a converterse no sistema financeiro dos máis necesitados, dos pobres, tanto nos países máis pobres como nas nacións prósperas. A través dos diversos servizos que ofrecen, especialmente os microcréditos, fixeron posible unha saída da pobreza a un gran número dos máis necesitados e o acceso a obxectivos antes imposibles de acadar como a educación dos fillos, a sanidade, a seguridade social e un mellor futuro fóra do círculo vicioso da pobreza. Na actualidade, as características dos factores que configuraron as primeiras entidades microfinanceiras cambiaron. O financiamento, que se apoiaba nunha primeira etapa nas subvencións dos organismos financeiros internacionais ou dos gobernos, están evolucionando cara a un financiamento propio sustentado polos beneficios e os aforros dos clientes. Os pobres resultaron ser extraordinarios clientes tanto por ser cumpridores cos seus compromisos, como por ter disciplina de aforro, especialmente as mulleres, que son o grupo máis numeroso e responsable dos microcréditos. Neste contexto, as microfinanzas aparecen como un subsector rendible e, consecuentemente, a banca comercial con financiamento propio e capacidade de expansión, viu nesta contorna unha posibilidade de ampliar o seu negocio, desembarcando con toda a súa capacidade financeira. Neste momento estanse desenvolvendo movementos de intervención da banca comercial en todos os mercados das microfinanzas. O futuro parécenos claro, outro problema son os obxectivos. Para as microfinanzas clásicas, un dos valores que implicaban rendibilidade, era o apoio para rachar co círculo vicioso da pobreza. Hai unha forte dúbida sobre se a banca comercial tamén o considera un valor contable.
Accelerating Research
Robert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom
Address
John Eccles HouseRobert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom