
As enerxías renovables e a sostibilidade: claves de acceso ao benestar?
Author(s) -
Rosa María Regueiro Ferreira
Publication year - 1970
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.159
H-Index - 6
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge.22.extra.1410
Subject(s) - humanities , political science , physics , philosophy
Neste artigo preséntase unha discusión teórica desde os enfoques da economía institucionalista e da economía da enerxía sobre os elementos clave da fortaleza das enerxías renovables para a consecución do benestar e da sostibilidade no medio e no longo prazo de cara a conseguir un reparto máis equitativo dos recursos e a garantir o propio sostemento do planeta Terra. A partir dunha metodoloxía fundamentalmente descritiva e de análise, expoñeranse diferentes posturas adoptadas a nivel mundial, sendo un dos seus obxectivos lograr unha redución da pobreza a partir da implementación de enerxías renovables. Tratarase de determinar, ou cando menos de explicar, cal é o custo deste avance para os países pobres, se é compatible co nivel mínimo de ingresos dos consumidores e se o custo deste sistema enerxético sostible é menor que o do sistema tradicional de recursos fósiles. Como conclusión, a adopción de prácticas enerxéticas sostibles e de base renovable preséntase como unha oportunidade de desenvolvemento para as rexións máis desfavorecidas, sempre que estas sexan consideradas desde unha estratexia de actuación integral e que contemplen vías alternativas de financiamento.