
Desigualdade e pobreza en Galicia nos anos 2007 e 2010. Como se distribúen os efectos da crise?
Author(s) -
Fernando Corbelle Cacabelos,
Ángela Troitiño Cobas
Publication year - 1970
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.159
H-Index - 6
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge.22.extra.1406
Subject(s) - political science , humanities , philosophy
O obxectivo deste traballo é analizar os efectos que a actual crise económica está producindo sobre a distribución da renda en Galicia. Utilizamos tres variables clave: i) o ingreso dispoñible equivalente; ii) o ingreso dispoñible equivalente excluíndo as prestacións por desemprego, co obxecto de medir o efecto de tales prestacións; iii) o ingreso dispoñible equivalente incluíndo o aluguer imputado. Seleccionamos índices de desigualdade e pobreza de boas propiedades (Gini, Atkinson, Theil, FGT) e, tomando como base os microdatos da Enquisa de Condicións de Vida (ECV) do Instituto Galego de Estatística (IGE), calculamos os niveis de desigualdade e pobreza e a súa variación entre os anos 2007 e 2010. Os resultados mostran que a poboación con menores ingresos diminúe a súa participación na renda total, o que nos indica que a crise está afectando máis aos máis pobres. Os índices de desigualdade e pobreza aumentan en xeral, e con máis intensidade ao excluír as prestacións por desemprego. A crise está modificando o mapa de pobreza en Galicia, desprazándoo das áreas interiores máis avellentadas (con pensións que actúan como escudo antipobreza) ás atlánticas con poboación máis nova e máis afectada polo desemprego.