z-logo
open-access-imgOpen Access
O ICO: o financiamento con fondos públicos en tempos de crise
Author(s) -
Manuel Octavio del Campo Villares,
Francisco Jesús Ferreiro Seoane
Publication year - 1970
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.159
H-Index - 6
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge.21.extra.431
Subject(s) - humanities , political science , economics , philosophy
Nun contexto socioeconómico como o actual onde a crise económica, a inestabilidade financeira e a desconfianza política dominan os mercados financeiros, estes reduciron ao mínimo o seu fluxo de crédito cara ao sistema produtivo. Este feito levou a que a necesidade de crédito privada crecese de forma exponencial non só para atender o investimento, senón tamén para garantir o normal funcionamento do ciclo de explotación. En consecuencia, o recurso ao financiamento público convértese nunha urxencia sen a cal o acceso ao crédito por parte das empresas se vería practicamente anulado. Dentro do marco que regula o financiamento público en España, o Instituto de Crédito Oficial (ICO) desempeña un papel transcendente –no ano 2011 financiou máis dun 40% do financiamento público total e dun 65% no caso da Administración Central–. Non é posible entender o investimento produtivo á marxe da acción deste Institu-to debido á súa oferta de fondos en condicións preferentes. Porén, malia o beneficio que supón acudir ao financiamento do ICO, este non chega ao beneficiario último –a empresa– coa rapidez e a eficiencia desexadas. Por iso, debemos analizar e revisar permanentemente a forma en que este Instituto comercializa e xestiona a súa actividade de mediación financeira.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here