z-logo
open-access-imgOpen Access
A nova gobernanza económica na UE: avances e carencias
Author(s) -
Miguel Moltó Calvo
Publication year - 1970
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Spanish
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.159
H-Index - 6
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge.21.extra.422
Subject(s) - political science , humanities , philosophy
A crise financeira, económica e máis tarde de débeda soberana afectou de modo es-pecial á Unión Económica e Monetaria (UEM). Para salvagardar o euro e facerlle fronte á crise os Estados membros pertencentes á UEM seguiron un dobre enfoque: primeiro, levar a cabo un proceso de consolidación fiscal, isto é, de austeridade; e segundo, mellorar a gobernanza eco-nómica da UE. Con respecto á austeridade, os países realizaron fortes axustes reducindo gasto público e en moitos casos aumentando impostos. Esta política tivo un efecto positivo sobre a disciplina orzamentaria, e un efecto moi negativo sobre o crecemento e o emprego, que pode traducirse nunha nova recesión no ano 2012. En relación coa gobernanza económica, repásase a que existía antes da crise, poñendo de manifesto os fallos na súa implementación. Posterior-mente, examínase o novo marco de gobernanza económica, que supón a supervisión europea en tres ámbitos: o orzamentario, o macroeconómico e o financeiro. Para levala a cabo estable-céronse novos instrumentos, algúns dos cales só afectan aos países da zona euro. Este traba-llo mostra as carencias dalgúns deles. A nova gobernanza económica supón un avance impor-tante, pero non resolve os problemas de fondo da UE e máis especificamente da zona euro. En efecto, non se avanza na unión fiscal, non se crea un mecanismo de rescate con dotación sufi-ciente para facerlles fronte aos problemas que poidan presentar países como Italia e España, non se avanza en converter o Banco Central Europeo en prestamista en última instancia, e tampouco non se creou un instrumento que permita a mutualización da débeda pública dos paí-ses da zona euro. A solución para a zona euro consistiría na cesión de soberanía por parte dos Estados membros a un ministerio de finanzas que, entre outras funcións, fose responsable do ámbito fiscal, da supervisión macroeconómica e orzamentaria dos distintos países e da emisión de eurobonos.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here
Accelerating Research

Address

John Eccles House
Robert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom