z-logo
open-access-imgOpen Access
Sinerxías entre as conexións aéreas de baixo custo no Porto e os visitantes e os peregrinos a Galicia
Author(s) -
Manuel González Gómez,
Xerardo Pereiro
Publication year - 2021
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.159
H-Index - 6
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge...7356
Subject(s) - humanities , geography , art , cartography
Co obxectivo de contribuír a mellorar o coñecemento das relacións de complementariedade no turismo entre as dúas rexións transfronteirizas de Galicia e Norte de Portugal, este traballo estuda o crecemento das conexións aéreas de baixo custo no aeroporto do Porto, os fluxos de peregrinos a Santiago de Compostela que teñen o seu lugar de partida en Portugal e os fluxos de turistas internacionais a Galicia. A metodoloxía utilizada é a análise descritiva-comparativa e o test de cointegración. Os resultados suxiren que o crecemento de conexións de compañías de baixo custo no aeroporto Sá Carneiro do Porto contribuíron a aumentar a presenza de turistas internacionais en Galicia. Ao mesmo tempo, o crecemento de turistas internacionais en Galicia mellorou o atractivo do aeroporto do Porto para incrementar a capacidade operativa das compañías aéreas de baixo custo (low cost). Da análise tamén se desprende que o fluxo de peregrinos a Santiago de Compostela que parte de Portugal é o que máis medrou de todos os Camiños de Santiago, suxerindo un efecto positivo do aeroporto do Porto sobre este colectivo de visitantes, e viceversa, aumentando a peregrinación o atractivo do dito aeroporto para garantir a rendibilidade/viabilidade das conexións aéreas.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here
Accelerating Research

Address

John Eccles House
Robert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom