z-logo
open-access-imgOpen Access
Altas capacidades: xestión de aulas avanzadas
Author(s) -
José Eladio Ferro Fontenla
Publication year - 2021
Publication title -
innovación educativa/innovación educativa
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2340-0056
pISSN - 1130-8656
DOI - 10.15304/ie.31.7755
Subject(s) - psychology , humanities , philosophy
O alumnado con Altas Capacidades forma parte da diversidade que debe atender a escola. Tal como establece a lexislación educativa actual (LOE, LOMCE, LEI 3/2020), a resposta ás súas necesidades específicas de apoio educativo ha de darse nun contexto inclusivo, afastada de propostas segregacionistas que pretendan educar a estes estudantes illados do resto da poboación escolar. A escola é capaz de tomar decisións e poñer en práctica medidas de resposta inclusivas para atender as diferenzas. Estas medidas han de partir de propostas colectivas, preventivas, que favorezan a todo o alumnado, establecendo plans e programas de actuación que abranguerán dende o centro como sistema ata o plano individual, superando a causalidade lineal e individualista da práctica docente, onde o éxito ou o fracaso débense a un único elemento, cara a unha causalidade circular que busca corresponsables e implica a un equipo de persoas: profesorado, alumnado e familias, que analizan, planifican, interveñen e avalían, poñendo en práctica medidas innovadoras de atención á diversidade. As aulas avanzadas recollen estas e outras premisas e pretenden proporcionar, dende a escola ordinaria, unha resposta inclusiva de calidade a todo o alumnado, tamén ao alumnado de Altas Capacidades.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here