z-logo
open-access-imgOpen Access
Cambio lingüístico e morfoloxía: aproximación ao galego da comarca do Ribeiro
Author(s) -
Eduardo Louredo Rodríguez
Publication year - 2018
Publication title -
estudos de lingüística galega
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.101
H-Index - 4
eISSN - 1989-578X
pISSN - 1889-2566
DOI - 10.15304/elg.ve1.3627
Subject(s) - humanities , art
Neste traballo estúdanse algunhas variables lingüísticas de tipo morfolóxico. Trátase da alternancia /u/ ~ /ɔ/ como vogal radical (VR) na P2, P3 e P6 dos verbos tipo durmir e subir e a variación entre pór e poñer; facer, faguer e faer; fixen e figuen; e oír, ouvir, oucir e ouír na comarca do Ribeiro. Téntase demostrar que o factor territorial e a idade son determinantes para a aparición dunhas variantes ou outras. Polo tanto as variables que se teñen en conta son o lugar de nacemento e a idade. O corpus de estudo está constituído polas respostas de trinta informantes a un cuestionario e pola transcrición dunhas 30 horas de entrevistas semidirixidas. Os informantes pertencen a tres grupos de idade diferentes. A escolla de informantes de diferentes idades permite estudar o cambio lingüístico en tempo aparente e determinar se existen tendencias de cambio que afectan ás variables arriba mencionadas.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here