z-logo
open-access-imgOpen Access
A ideoloxía no <i>Dicionario da Real Academia Galega (DRAG)</i>
Author(s) -
Susana Rodríguez Barcia
Publication year - 2019
Publication title -
estudos de lingüística galega
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.101
H-Index - 4
eISSN - 1989-578X
pISSN - 1889-2566
DOI - 10.15304/elg.11.5648
Subject(s) - physics , humanities , philosophy
O obxectivo deste estudo é analizar a ideoloxía do Dicionario da Real Academia Galega(DRAG) tendo en conta o seu carácter lexitimador na sociedade, así coma a relevancia da súa presenza nos eidos da educación e da aquisición da lingua. En concreto, os resultados clasifícanse nos ámbitos da relixión, a política e os temas de xénero. Para acadar o fin exposto realizouse unha lectura exhaustiva do repertorio aloxado na páxina web da RAG, incluíndo as actualizacións máis recentes acometidas ao longo de 2018. Como resultado obtívose un corpus composto por 808 artigos lexicográficos, cuxa forma lematizada recóllese como apéndice para poder servir de guía en traballos complementarios posteriores. Os 808 artigos foron sometidos a análise lingüística desenvolvida con perspectiva crítica seguindo a metodoloxía da análise crítica do discurso lexicográfico (Autor 2012 e 2016b). Entre as conclusións fundamentais destaca a continua actualización da obra analizada, na que se constata unha preocupación pola busca de neutralidade nas definicións e un interese por ofrecer unha cosmovisión ampla, non reducida ás ideoloxías dominantes. Con todo, tamén é preciso sinalar que a análise revela un traballo intenso no futuro no relativo á adaptación deste dicionario a algunhas das medidas da linguaxe inclusiva que permitan maior visibilidade da muller, así como unha revisión da representación do catolicismo como relixión por defecto.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here
Accelerating Research

Address

John Eccles House
Robert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom