
Al aire de tu vuelo (1941, 1981), un libro manipulado por Celso Emilio Ferreiro
Author(s) -
Xosé Manuel Dasilva
Publication year - 2020
Publication title -
boletín galego de literatura
Language(s) - Spanish
Resource type - Journals
eISSN - 2174-4025
pISSN - 0214-9117
DOI - 10.15304/bgl.57.7031
Subject(s) - humanities , art
Este artigo ten como obxectivo analizar as abundantes diferenzas entre as dúas edicións -unha de 1941 e outra de 1981- de Al aire de tu vuelo, primeiro libro publicado por Celso Emilio Ferreiro aínda despois da Guerra Civil. Sorprendentemente, nunca se reparou ata agora en tales diferenzas, a pesar de que son abondo evidentes e de considerable importancia. En efecto, advírtese por un lado que o número de poemas que forman parte das dúas edicións de Al aire de tu vuelo é distinto, debido a que se retirou unha cantidade significativa na segunda, dada a coñecer tras o falecemento do autor, se ben contou coa participación deste na súa preparación. Por outro lado, compróbase que as versións das composicións que permaneceron na obra ofrecen notables diverxencias en moitos casos.