
Unha proposta de análise dos projected spaces en La busca de Pío Baroja
Author(s) -
Laura Caamaño Pérez
Publication year - 2020
Publication title -
boletín galego de literatura
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2174-4025
pISSN - 0214-9117
DOI - 10.15304/bgl.55.6261
Subject(s) - humanities , art
Partindo dos estudos literarios comparados, nomeadamente, da Xeografía Literaria, ofrécese unha proposta de análise dos denominados projected spaces, termo acuñado por Barbara Piatti, en La busca de Pío Baroja. Tendo en conta que se trata dunha novela na que a xeografía urbana da capital madrileña cobra especial relevancia debido á grande cantidade de referencias topográficas que caracterizan o espazo da obra, préstase atención ao estudo dos “espazos proxectados” que aparecen na novela. En primeiro lugar, ofrécese unhas breves consideracións sobre o estado da cuestión das Humanidades espaciais, para logo centrarnos no corpo do artigo: caracterizar o espazo de Madrid do século XIX e identificar e analizar os diferentes espazos proxectados que teñen como desencadeante o diálogo entre os personaxes.