
"The Feather Shop" de Medbh McGuckian: A ollada empática ás mulleres e á natureza
Author(s) -
María Jesús Lorenzo-Modia
Publication year - 2017
Publication title -
boletín galego de literatura
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2174-4025
pISSN - 0214-9117
DOI - 10.15304/bgl.50.3999
Subject(s) - humanities , philosophy
A poeta irlandesa Medbh McGuckian é coñecida desde o comezo da súa carreira literaria pola sutileza nas súas imaxes que conectan a natureza coas mulleres e coa súa corporeidade. Aínda que este aspecto ten sido estudado dentro das súas posibles crípticas significacións, este traballo ten o propósito de analizar desde unha perspectiva globalizadora o corpo das mulleres en relación coa natureza mais aló do seu valor estético e literario e incardinalo desde a perspectiva biopolítica, ética e práctica. Seguindo a James McElroy (2011: 64-65) a súa praxe poética será analizada desde o ecofeminismo, tendo en conta que toda crenza ou institución opresora para as mulleres causa dano aos seres humanos en xeral e á natureza toda en tanto que sistema que debe estar en equilibrio. O artigo inclúe, así mesmo, un poema inédito de McGuckian e a tradución para o galego do mesmo por parte da autora do ensaio.