
Educación cívica liberal e multiculturalismo
Author(s) -
Nicanor R. Fuentes Laíño
Publication year - 2018
Publication title -
agora
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
eISSN - 2174-3347
pISSN - 0211-6642
DOI - 10.15304/ag.37.2.4389
Subject(s) - multiculturalism , manifesto , humanities , political science , philosophy , theology , law
A recente produción bibliográfica liberal centrada nas cuestións educativas será o obxecto deste artigo que busca presentar os debates internos dun liberalismo que elabora o seu proxecto de educación cívica no contexto de sociedades democráticas caracterizadas pola multiculturalidade. Polo tanto, tentaremos amosar ao fío de diversas propostas liberais de educación cívica, certas discusións relevantes que agroman dentro da propia teoría política liberal. Estas tensións existentes no seo do liberalismo contemporáneo resultan especialmente instrutivas cando do que se trata é de poñer de manifesto os retos que ten que afrontar un programa de educación cívica nun marco multicultural. A este respecto, a principal cuestión a dilucidar estriba na pescuda de cómo é posible encaixar as demandas de recoñecemento cultural dentro dunha política educativa democrático-liberal.