Temáticas transgénero na literatura infantil
Author(s) -
Emanuel Madalena
Publication year - 2017
Publication title -
elos revista de literatura infantil e xuvenil
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
ISSN - 2386-7620
DOI - 10.15304/elos.4.4270
Subject(s) - humanities , philosophy , art
Este artigo esboza unha perspectiva da presenza de temáticas transxénero na literatura infantil publicada en varios países e linguas, e busca, necesariamente de forma non exhaustiva, identificar, contextualizar e analizar un conxunto representativo de libros para a primeira infancia que inclúen explicitamente o tema da transxeneridade, ou que o traballan implicitamente a partir dun dos principais outputs da identidade de xénero – a vestimenta –, naqueles chamados “os libros dos vestidos”. Despois das primeiras consideracións introductorias, proséguese coa intersección das temáticas transxénero na literatura en xeral coa súa presenza nos libros para a infancia, trazando brevemente unha evolución histórica e describindo a súa importancia para un primeiro movemento didáctico da transxeneridade. Na análise dos libros, ademais de distinguir o tratamento explícito ou implícito do tema, prestamos especial atención ao tipo de marcas e metáforas utilizadas para transmitir a disconformidade de xénero e a transición, procurando sempre considerar a calidade das propostas e as súa adecuación aos destinatarios ou aos obxectivos activistas dos autores.
Accelerating Research
Robert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom
Address
John Eccles HouseRobert Robinson Avenue,
Oxford Science Park, Oxford
OX4 4GP, United Kingdom