Integración e transmisión de prezos entre os mercados de millo e do polo de engorde en Brasil
Revista Galega De EconomíaPeer ReviewedCarlos Eduardo Caldarelli2013Journals
O obxectivo deste artigo é avaliar a dinámica de transmisión de prezos entre os mercados de millo e do polo de engorde en Brasil no período 2000-2010. Utilizáronse os tests de raíz unitaria de Dickey-Fuller Generalized Least Square (DF-GLS), de causalidade de Granger (1969), de cointegración de Johansen (1988), o modelo vectorial de corrección de erros (VEC) e tests de esoxeneidade débil. O estudo permite afirmar que existe interacción no longo prazo entre os mercados brasileiros de millo e polo (cointegración). A elasticidade da transmisión de prezos estimada mostra que un 40% das variacións no prezo do millo se transmiten ao prezo do polo vivo. O test de esoxeneidade indica que a transmisión de prezos entre estes mercados é unidireccional, onde o prezo do millo ao produtor pode considerarse debilmente exóxeno.
The content you want is available to Zendy users.
Already have an account? Sign inHaving issues? Contact support