Open Access
Avances e tendencias actuais en lexicografía galega
Author(s) -
Ernesto Xosé González Seoane,
Antón Santamarina
Publication year - 2018
Publication title -
laborhistórico
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
ISSN - 2359-6910
DOI - 10.24206/lh.v3i1.17112
Subject(s) - humanities , philosophy , art
Este traballo ofrece unha visión panorámica acerca da evolución da lexicografía galega nas catro últimas décadas. O punto de partida é o impulso e reorientación que experimenta a lingüística galega, e particularmente a lexicografía, nos primeiros anos da década de 1980 como consecuencia da oficialización do galego. Analízase a seguir o impacto e a influencia exercida polo Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG) (1988) sobre a produción lexicográfica posterior e estúdanse os avances alcanzados na lexicografía monolingüe, bilingüe e multilingüe, así como en terminografía. Preséntanse tamén algúns dos principais recursos dixitais xerados nos últimos anos, con especial atención aos corpus lexicográficos e aos corpus de textos contemporáneos. Finalmente, sinálanse algunhas das tarefas pendentes e dos desafíos que a lexicografía galega terá que enfrontar nun futuro próximo.