z-logo
open-access-imgOpen Access
Patróns orzamentarios das comunidades autónomas e a súa evolución no período 2007-2010: especial referencia a Galicia
Author(s) -
Ana María Ferrero Rodríguez,
Ixone Alonso Sánz
Publication year - 2015
Publication title -
revista galega de economía
Language(s) - Portuguese
Resource type - Journals
SCImago Journal Rank - 0.159
H-Index - 6
eISSN - 2255-5951
pISSN - 1132-2799
DOI - 10.15304/rge.23.1.2395
Subject(s) - humanities , political science , philosophy
Este estudo analiza os cambios experimentados na política de gasto da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da crise económica. Para iso, realízase unha comparación temporal do gasto orzamentario autonómico dos anos 2007 –ano que marca a fin da etapa de expansión– e 2010 –ano marcado polo signo da recesión económica– efectuándose, así mesmo, unha comparativa co resto das comunidades autónomas (CC.AA.). O artigo mostra que, a pesar de existir unha estrutura orzamentaria básica que permite explicar unha gran parte do gasto das autonomías, existen diferenzas nas súas políticas de gasto derivadas das distintas competencias asumidas por cada comunidade autónoma, así como dos seus recursos dispoñibles. A utilización de técnicas estatísticas factoriais consegue, en primeiro lugar, identificar diferenzas nas pautas orzamentarias de gasto autonómico e os patróns comúns; en segundo lugar, determinar os cambios experimentados neses patróns de gasto como consecuencia da crise económica; e por último, segmentar o conxunto de CC.AA. atendendo ás súas políticas de gasto.

The content you want is available to Zendy users.

Already have an account? Click here to sign in.
Having issues? You can contact us here